O blog das mulleres literatas

«Le temps s´en va!»

octubre 4, 2009

Filed under: 1 — mulleresliteratas @ 10:18 am

al_idrisi

Decidiuse que a terra era plana.

Foi ferinte romper os esquemas…Un Martin Soarez desgarrador, transportando a pesada coita en cada cobra, chorando polo amor non correspondido da súa Senhor? ou un Martin Soarez que se centra na teoría para crear unha cantiga que non sente?

Decidiuse que a terra era plana, que o choro pola fremosa muller non era máis que o resultado da disposición de distintas técnicas literarias.

Eu non sei, non quero crer que se escribe o que non se sente. Non.

Eu sei que Martin Soarez morreu de amor.

Eu sei que Afonso VI lle regalou un nome potente, inesquecible, brusco e cheo de beldade á súa filla. Urraquiña lle chamaba. Que a quixo tanto como para entregarlle o reino de Galicia.

Eu sei que a doncela foi a Vigo, a ver seu amigo.

E ó fin, rompo o fol das miñas meixelas cun sorriso de orella a orella… sei que si, que a terra é redonda e que o foi así sempre…

elenaveiga

 

Deja un comentario