O blog das mulleres literatas

«Le temps s´en va!»

abril 24, 2009

Filed under: 1 — mulleresliteratas @ 8:08 am

MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR

Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.

«Monólogo dun vello traballador» é un poema de Celso Emilio Ferreiro, do seu libro Longa noite de pedra. Toda a súa obra está inscrita no socialrealimo ou crítica social. Este é un poema social comprometido que fala dun vello traballador que critica o amo, e isto pode interpretarse como que o amo ven representado pola ditadura e o vello traballador son todos os oprimidos por ela.

Raquel

 

3 Responses to “”

  1. mulleresliteratas Says:

    Escolliches un dos poemas máis sentidos!
    Gústame moito! 🙂
    elena

  2. mulleresliteratas Says:

    canta verdade hai nese poema, pena que non se escribiran antes estes versos, porque as cousas terían cambiado antes

    boa escolla 🙂
    Antía A.V.

  3. mulleresliteratas Says:

    Gustame este poema poi reflicte moi ben a situación do labrego. Escollistes un dos poemas máis representativo da escrita de Celso Emilio.

    Sara


Deja un comentario