Non price on a les dam´s du temps jadis qu´on peut
Georges Brassens
E quíxenvos moi tristemente a todas
as que forades rapidamente eu ( un pouco ).
Unha lus nos lugares do estremecemento
e tardes coma rodas de bronce , interminábles.
Poderosas mañáns de rexurdimento e ollos no chan, de amor
[outido.
E quíxenvos moi escasamente a todas
porque nas rengandixas de eu caben ourizos e sofrir é amor
e nada pra o tempo que destrue os ourizos.
E quíxenvos (quérendome) coma un río que fose
dos meus ollos a vós, as tidas e perdídas,
limítrofes do amor, esquencidas pra sempre.
E quíxenvos autente, e case non vos quixen
antre tanto artefauto, construción, mala pedra,
que nos ten envisgados
nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esbaran.
Chamo por vosoutras, nomes apenas tatuados
no baleiro e no fume , e reclamo ese espacio
que deixáchedes e que cecais é globo ( de lume e desespero ).
Señoras do pasado, damas investidas a través dos ensoños
sobre cabalos nidios, inmóbiles no outono de antano,
sen bris mesmo,
merci por un crepúsculo ou acaso algún beixo,
ou polos poderoso erguementos do sangue,
ou por sorrisos líquidos a carón da magnolia.
Quíxenvos lenemente, e mesmamente fúchedes
capaces da captura dun anaco de sombra de min.
e fiquei menos.
Inútil esta ollada por derriba do temo que me outorga
[silencio.
escamas, arruínas, borralla, meus ronseles.
Quíxenvos fuxídio, oh amigas de antonte,
meu espantoso espello neste solpor que vence.
X.L.Méndez Ferrín
Comentarios recientes