O blog das mulleres literatas

“Le temps s´en va!”

Marzo 30, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 6:12 pm

saxofonista

 

Cunqueiro mirouse ó espello…le temps s´en va… o seu reflexo era cada vez máis borroso… le temps s´en va…

O tempo era aquilo. O tempo pasou polo espello de Cunqueiro ata que o que se reflectía era nada máis que un recordo. Pasara alí plantado tanto tempo agardando a que  aquelas damas de tempos pasados  lle deran un bico… ai, pasoulle o sol pola porta e non puxo as gafas de sol… Non ocultou os seus ollos e todos sabemos que finou chorando, a berro pelado, na súa soidade.

 

A Ferrín estoupáronlle os miolos… non aturaba máis aqueles panfletos… Mais, a bomba do seu pensamento cheiraba a flores…

Beat-beat-beat-beat: a bomba antes de estoupar.

Clube nocturno norteamericano. Actuación estelar dun saxofonista que laia a consciencia da morte co seu instrumento enferruxado a ritmo de jazz…

BEM!BO! estoupou!

Estoupou e cheiraba a pólvora e a magnolias!

elenaveiga

 

Marzo 24, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:25 am

 

. Marzo 24, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:21 am

Xurxo Borrazás

Xurxo Borrazás Fariña (nado en Carballo en 1963), é un escritor galego. Estudou en filoloxía inglesa e desde 1990 vive en Vigo. A súa narrativa, explícita e radical, tanto na escolla e tratamento dos temas coma nos aspectos formais, ten sido cualificada de transgresora e experimental. Novelas como Cabeza de Chorlito ou Eu é cítanse como paradigmas da narrativa posmoderna.

        Obra

  • Cabeza de chorlito, 1991 (novela).
  • Criminal, 1994 (novela). Premio da Crítica Española 1994 e Premio Arcebispo San Clemente 1995.
  • Eu é, 1996 (novela).
  • Contos malvados, 1998.
  • O desintegrista, 1999 (miscelánea).
  • Na maleta, 2000. Premio Antón Losada Diéguez
  • Pensamentos Impuros, 2002 (narrativa heterodoxa).
  • Ser ou non, 2004 (novela).
  • Arte e parte, Dos patriarcas á arte suicida, 2007 (Premio da Crítica de Galicia 2008 na categoría “Ensaio e Pensamento”).
  • Costa Norte/ZFK, 2008 (novela).

        Como tradutor

 

Música para as vangardas Marzo 23, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 5:42 pm

As vangardas portuguesas. Fernando Pessoa e o “Orpheu”!. Relendo este poema de Pessoa:

Qualquer música, ah, qualquer,

Logo que me tire da alma

Esta incerteza que quer

Qualquer impossível calma!

Qualquer música -guitarra,

Viola, harmónio, realejo…

Um canto que se desgarra…

Um sonho em que nada vejo…

Qualquer coisa que nâo vida!

Jota, fado, a confusâo

Da última dança vivida…

Que eu nâo sinta o coraçâo!

Con esta música.

Concha.

http://www.youtube.com/watch?v=gASQ1_HEEHA&feature=related

 

Marzo 16, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 6:41 pm

marujamallodesnudosurrealista19271Paxaros que mata de amor Bouza-Brey. Naos ledas nas que navega. Solpor en agonía de Luis Amado Carballo. Intencións truncadas do grande Manuel Antonio.

Reveladoras imaxes que nos fixeron soñar espertos e tamén durmidos con todo o legado dos vangardistas galegos…como lles manaba a cabeciña!

Semella abraiante o feito de conseguir que as verbas dancen despois de sacalas ó azar dun lugar onde o nome de Ignacio e a palabra berza se mesturan para logo formar unha simbiose e crear un home, un home ye-yé, anclado no pasado, o protagonista dun poema dadaísta.

Blázquez puxo a máscara en branco e negro de trobador do século XIV, para logo sacala e botarnos a súa lingua vangardista. Tinguiron os Papeis de cores rechamantes e inaugurouse ¨Papel de Color¨. Luís Amado Carballo  abriu a reixa do seu curral e soltou O Galo. E Cunqueiro puxo a réxime a unha muller de pernas gordas, muller que se convertiu na Dona de corpo delgado.

O mellor de todo foi o proceso creativo. En varias quendas de cincuenta minutos houbo quen materializou palabras en realidades facendo nacer caligramas que nos mostraban ollos, reloxos e mesmo vaquiñas…

Seica todos agardamos continuar co noso labor de literatos vangardistas, non si?

elenaveiga

 

as vangardas Marzo 16, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:22 am

A semana pasada somerxímonos no fascinante mundo das vangardas a través dos nosos traballos. Nunca antes imaxináramos que se podían adicar centos de páxinas a cantar as virtudes dunha bombilla, ou que os poetas podían sacar os seus versos de sombreiros de copa. Pero así é, xa que os poetas son os prestidixitadores das palabras, e a súa meta é conseguir abraiar coa súa maxia.

  Así tamén o sentía Manuel Antonio, que a través do seu manifesto Máis alá demandaba o cambio e as novas formas de maxia, deixando atrás trucos que xa non eran quen de abraiar a ninguén.

  As vangardas foron un movemento de imaxinación, onde os soños e os paraísos voaban dun verso a outro e onde cada un pode ver un mundo diferente en cada poema. Podemos ver máis alá!!

 

                                                                                                  Antía A.V.

 

Vangardas Marzo 16, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:22 am

Estes días estivemos expoñendo na clase os traballos sobre as vangardas.  Foron traballos moi interesantes onde aprendimos un pouco máis sobre esta nova maneira de ver a arte. Da vida de Manuel Antonio pasamos por todos os manifestos, incluido Máis alá! , o que pola nosa lingua máis nos afecta, ata falar das vangardas galegas en xeral.

As miñas impresións foron moi boas: foron traballos amenos, interesantes, e a súa realización tamén foi moi positiva.

Agardo facer en breve outro traballo!

 

Raquel

 

as vangardas Marzo 16, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:18 am

Estas ultimas clases dedicamolas a expoñer os traballos vangardistas realizados.Estas exposicions xunto co meu propio traballo ensinoume que as vangardas pretenden modernizar,deixar atras o pasado,non copiar o creado,senon ser orixinal.
Aqui vos deixo un poema de Fernando Pessoa xa que o outro dia na exposicion votouse de menos unha mostra do seu traballo.Espero que vos guste.

LLUEVE EN SILENCIO

Llueve en silencio, que esta lluvia es muda
y no hace ruido sino con sosiego.
El cielo duerme. Cuando el alma es viuda
de algo que ignora, el sentimiento es ciego.
Llueve. De mí (de este que soy) reniego…

Tan dulce es esta lluvia de escuchar
(no parece de nubes) que parece
que no es lluvia, mas sólo un susurrar
que a sí mismo se olvida cuando crece.
Llueve. Nada apetece…

No pasa el viento, cielo no hay que sienta.
Llueve lejana e indistintamente,
como una cosa cierta que nos mienta,
como un deseo grande que nos miente.
Llueve. Nada en mí siente…

 

As vangardas Marzo 16, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:15 am

Ao referirnos as vangardas obtemosa un sin fin de novos intentos de renovación na literatura, na galega aína observamos algunhas referencias ao pasado dado a dominación que sufriu a nosa lingua durante anos.

De todos modos, grazas a aparición de Manuel Antonio, vemos un grande avance nesta terndencia, sobre todo polo manifesto Máis Alá, no que nos expón a súa visión e o seu desprezo hacia aqueles que abandonan a súa lingusa para escribir noutra e onde vemos a súa ansia de renovación.

 

IMPRESIONS DAS VANGARDAS Marzo 16, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:13 am

Estas últimas clases estivamolas adicando a investigar sobre as vangardas para despois espoñer os nosos novos coñecementos ao resto da clase.

Nesta última esposición disfrutei máis que na primeira!! Estaba máis preocupada de disfrutar co que facía para que os meus compañeiros poideran disfrutar tamén, no lugar de poñerme nerviosa e tremen como unha vara de bimbio; reación típica ante as novas situación ás que nunca antes te enfrontaras.

Foi interesante, ao igual que a materia de bretaña, pois ambos temas eran en parte descoñecidos para min. Sirveume para aprender máis presoalmente e para coller soltura á hora de espoñer a alguén un tema.

Unha vez máis saquei bó partido da clase de literatura:D
[Leticia López Pérez]

 

As Vangardas Marzo 16, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:09 am

A semana pasada estivemos presentando uns traballo na aula , de varios temas das vangardas . Puidemos aprender moito , pero eu penso que o máis importante e que hoxe en día sabemos que as vangardas son todo un mundo do que só sabemos un chisco .

Os traballos foron bos , e soubemos cousas como o significado do poema  ” Intuicións  “  que algúns críticos teñen a idea erronéa .

Foron unhas clases entretidas , da celes adquirimos máis coñecementos das vangardas

vanesa e.

 

Os “ismos” Marzo 16, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 10:09 am

Adicamos estas últimas clases a falar e a investigar sobre os diversos ismos que supoñen unha ruptura con toda a arte existente ata o século XX. Persoalmente o máis interesante para min foi o futurismo, xa que é sorprendente que se fagan poemas que loen á luz eléctrica, así como ó motor ou á velocidade entre outros moitos. Outra innovación sorprendente foi á aparición de caligramas, nos que cunha simple ollada descobres o sentido do poema. Po outra parte, o movemento dadaísta é sen dúbida o máis rompedor. Nel impera a nada, o azar, xuntar unha serie de verbas coas que se crea un poema con sentido completo. É moi curiosa esta forma de cambiar a concepción da arte, que xorde debido ó descontento coa sociedade e polo que semella, có mundo en xeral. Tanto a Tzara como a Bretón como a Huidobro pasando por Marinetti ou Apollinaire temos que agradecerlles todos eses coñecementos que permitiron que a pintura, arquitectura e literatura tomase un novo rumbo e nos deixasen ese legado tan importante para a nosa historia.

Antía G.

 

TRIADAS NO MAR E NA NOITE Febrero 6, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 9:18 am

Atópamonos ante un poema vangardista de Bouza Brey, de estilo neotrobadoresco que o podemos percibir sobre todo na existencia dun refrán.

Representa a evolución dun sentimento de amor que se vai convertindo en paixón, pero isto ocorre só no pensamento. A amada represéntase através dunha flor e a quen sente relaciónase con diversos tipos de enbarcacións.

En todo o poema predomina unha vinculación entre a vida cotiá e a marítima. Así transmítense os sentimentos através de imaxes mariñas.

Leticia

 

TRIADAS NO MAR E NA NOITE Febrero 6, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 9:01 am

Como tema principal deste poema , podemos dicir que é o proceso de amor .

No principio do poema fálasenos dun eu que cando ven a noite lémbrase da súa enamorada. A flor branca representa a namorada, como podemos ver. A segunda estrofa repítese ao longo do poema .

Na terceira esrofa, atopamos que o eu pídelle a namorada que lle dea un bico para así ter forzas e mover a súa gamela, que é un tipo de embarcación. Mentres que na quinta entrofa o noso protagonista navega a desví0 , é dicir sen rumbo un pouco aturdido. Por outra banda , a séptima estrofa , representa a fertilización grazas á auga. A estrofa que comeza o faro … quérenos expresar que este faro é a luz que lles axuda e lles alerta dos perigos ós mariñeiros. Na seguinte estrofa observamos que o poema ten unha estrutura circular. Xa na última, a redacción ten un gran valor estético

                    

                                                                                                                           vane.e

 

TRIADAS NO MAR E NA NOITE Febrero 6, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 8:58 am

Este poema neotrobadoresco, de Fermín Bouza-Brey, no cal vemos a presenza do mar, é un gran poema neotrobadoresco. Utilizando este léxico mariñeiro, compón un poema no que o amor  entre el, representado polo navío, e ela, a flor albariña, é o tema principal desta composición. Ao final, o amor é representado nas dúas últimas estrofas coma un acto amoroso en potencia dun modo moi coidado e sen parecer nada vulgar.