O blog das mulleres literatas

“Le temps s´en va!”

“Toda humilde beleza” Antonio Noriega Varela Octubre 2, 2008

Archivado en: Traballos — mulleresliteratas @ 10:46 am

vago xirón de brétema, atavío

soberbio da hirta xesta, reidora,

fulgurante doìña de rocìo

(pazo do sol e lágrima da  aurora)

 

raiola de luar que bica o río,

Flor mareliña que entre espiñas chora,

ou das redes da araña un tenue fio

toda humilde beleza me enamora.

 

É un vermiño de luz o amigo caro

do meu nume saudoso… Antes reparo

na nudez adorable dunha estrela

 

Que nas rosas dos vales, que sorríen,

que nos mantos dos pinos,que se engríen

que nas blondas do mar  que se revela

                                                             Noriega Varela : Do ermo

Este poema de Noriega Varela é un claro exemplo de metapoética é dicir; volver sobre a súa poesía. Fálanos da súa maneira de facer poesía mediante un poema. O sinxelo e sobre todo o miúdo teñen cabida na poesia deste autor, que por enriba de todo ensalza a paisaxe galega de montaña (flor do toxo, brétema, doíña de rocío…) fronte ás rosas e as blondas do mar, considerados elementos fermosos, e protagonistas de moitos poemas. É curioso que realce esa paisaxe “máis ruda”, quizais para darlle maior importancia a paraxes descoñecidas ou esquecidas cuxa beleza está agochada ou para amosarnos o que é a beleza para él.

Antía García

 

Exame Abril 25, 2008

Archivado en: Traballos — mulleresliteratas @ 8:18 am

O pasado día 24.Abril fixemos o último exame de literatura galega do s.XX.
O exame consistía en realizar o comentario dun poema da obra de X.Luís Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias, incluido neste un breve resumo do transcurso da literatura no que este se inclúe. Para iso Concha púxonos como fondo unhas pezas románticas para piano.
Sen dúbida resultou unha experiencia innovadora, pero satisfactoria. Deixamos atrás aos típicos exames onde o importante é “chapar” a materia para esquecela ó pouco.

Goretti Fraga Barcia

 

A lingua das bolboretas. Marzo 7, 2008

Archivado en: Traballos — mulleresliteratas @ 8:52 am

     Fermosa película baseada en tres relatos de Manuel Rivas pertencentes a  ¿Que me queres, amor?

     Nun contexto histórico a finais da crise da República e estalido da ditadura franquista, un neno de seis anos, Moncho, comeza a escola con medo ó mestre porque din que “pega”. Ó final resulta ser un profesor moi bo co que fará excursións polo monte para observar bolboretas e outros insectos. Varias historias nutren o fío principal da historia, que remata coa represión dos republicanos, entre eles o mestre.

     Os relatos escollidos polo director José Luís Cuerda foron:

-A lingua das bolboretas. Narra a historia de Moncho e a súa relación de amizade co mestre amosando a doce inxenuidade da infancia e varios aspectos da vida dende o punto de vista infantil.

-Un saxo na néboa. Conta a historia dun rapaz que comeza a tocar o safoxón e consegue tocar nunca orquestra que viaxa polo mundo de festa en festa.

-Carmiña. Un home conta nunha taberna a súa historia sexual cunha moza cuxo can estaba presente neses momentos, rematando cun final tráxico do asasinato do can por parte do home, farto del.

            Recomendamos encarecidamente a lectura dos relatos e tamén a película da que destacamos ó actor Manuel Lozano, que lle pon imáxe a Moncho e destacamos o papel de Fernando Fernán Gómez e advertimos que algunhas de nós a rematamos con bágoas nos ollos.

 

Ángela Alonso Moreno