Este relato inclúese no libro de X.L.Méndez Ferrín Arraianos, publicado en 1991.
Neste relato presentase a través da voz dun narrador a trasmisión dunha historia, á que chegou tras levar a cabo unha complexa recopilación de documentos e testimonios das diferentes versións que rodean os acontecementos. Así pois, relatase a historia de catro personaxes que conviven na Quinta Velha do Arranhao, situado na fronteira con Portugal. Esta situación xeográfica leva incluso a afectar na propia linguaxe empleada, xa que as incursións de palabras ou incluso textos literais ó completo repletas de palabras en portugues presentanse de modo constante.
Trátase ademais dun narrador-personaxe que, despois dun proceso de recopilación, transmítelle a historia a outro personaxe, traendo consigo numerosas incursións de intervencións alleas ó transcurso lineal dos acontecemetos da propia historia.
Aparece reflexada a historia de catro personaxes; O capitán, Otilia, Eduardo e Carlota, que se ven inmersos nunha relación parella dous a dous, onde a atracción chega a dominar a propia razón, rozando incluso limites subreais como o feito de ser pais, os catro, dun mesmo fillo, que chega incluso a parecerse fisicamente ás catro persoas que o rodean. Non obstante, a morte deste neno será a consecuencia da caída e o derrubamento de todos os personaxes.
Rodeado dun ambiente misterioso, a historia da Quinta Velha do Arranhao, desperta un gran interés no personaxe ó que o narrador lle transmite os acontecementos, concluíndo o relato coa chegada ó pazo portugués e a que o propio personaxe obteña as súas propias conclusións sobre os acontecementos.
Por todo isto, A Quinta Velha do Arranhao, constitue un interesante relato, que a pesar do esforzo e atención que esixe a súa lectura, logra que o lector comprenda finalmente os acontecementos relatados na mesma, obtendo impresións completamente gratificantes.
Uxía Cagiao Teijo
