O blog das mulleres literatas

“Le temps s´en va!”

o reloxo Mayo 16, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 12:48 pm

 

Mirando o reloxo

Xa é hora de partir

Partir para sempre volver

Porque algo noso sempre queda

Onde naceu a nosa literata,

Onde miles de poemas, relatos e contos

Saíron á luz

E aínda quedan miles por nacer,

Por iso e por moito máis

Continuaremos o noso labor

Enfrontándonos á folla en branco

Tal e como ti nos ensechache, Concha.

Goretti Fraga

 

 

 

 

Santiago empapado de soños Abril 18, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 7:52 am

 

Piso as lousas húmidas ós pés da catedral,

a lúa refléxase nas meniñas dos seus vans…a lúa.

Saboreo a doce arquitectura que me está a mostrar.

A cúpula que alberga os meus soños máis efémeros

atópase agora de fronte a min

e sorrí mentres que o ceo chora, coma de costume,

de ledicia.

 

Compostela, terra de esperanzas molladas,

de ilusións cumpridas, musicalidade en branco e negro,

sons da natureza urbana do medievo,

praceres visuais barrocos 

e eternos códices sensoriais,

mentres piso as lousas húmidas ós pés da catedral…

 

 

     Ángela Alonso Moreno

 

 

 

 

 

O tempo dos soños frustados Abril 4, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 7:46 am

Otilia estivera agardando por Eduardo ata media noite cabilando nos problemas de pago cada vez máis intensos que salpicaban á Quinta Velha do Arranhao. A preocupación podíase ler no seu rostro, como a caida das follas anticipa a chegada do outono. Todo cambiara dende o dia en que, esperanzados, o matrimonio puxera en marcha o proceso de reconstrución do pazo, véndose obrigados a iniciar unha nova vida, onde os luxos da cidade quedaban xa moi lonxanos. Pero agora, ben é certo que todo cambiara, si, xa nada era o mesmo que o día da aterraxe ó pazo que se encontraba na fronteira con Portugal, na fronteira doutro mundo, no límite entre o seguro e o inseguro, có vértigo que isto espertaba.
Tras constantes intentos de buscar posibles solucións que facilitaran a financiación das débedas, Otilia decidira ir para a cama. A ausencia de Eduardo ocupaba parte da súa mente, pero nin sequera unha parte comparble como os negocios.
Eduardo, falto de equilibrio e cun alento que disparaba balas de alcohol, entrou no pazo e subiu con dificultade as escaleiras para ir á habitación. Otilia enterouse da súa chegada, pero nin se inmutou en levantarse. Esperta desde o lado dereito da cama dixo “estas ben?como sempre non?” Eduardo, abrindo a saba para deitarse, respostou “si, durme.Non te preocupes”. Cada vez que chegaba tambaleante pasada media noite respostaba cas mesmas palabras curtas, que enfatizaban as circunstancias do seu estado. Otilia, sabía perfectamente o que ocorria, pero prefería manterse á marxe da situación. Xa non era ninguén para interromper os desexos de Eduardo. Dérase conta da situación. Os lazos que os unían eran cada vez máis febles, aínda que era consciente de que nunca se desatarían. As relacións mutuas entre ambos facíanse cada vez máis insostibles, pero sabían que nada cambiaría.
Á mañá, Otilia espertara ansiosa da chegada de Carlota e O Capitán. Prometeran facer visitas dende o día en que marcharan do pazo, pero xamais recuperaron as relacións tan íntimas que chegaran a ter nun onte fundido en confusións. Agora o interesante cambiara ó completo de dirección. Carlota sabia da situación da Quinta Velha do Arranhao, aínda que O Capitán fora dominado por un mal que o esgotaba e no que según explicaba era capaz de viaxar no tempo. Todos asentían e conpadecíanse da súa enfermidade. Esa tarde,  tras os saúdos inmersos de cortesía, dirixíronse á mesa, onde merendaron xuntos, como facían cada anoitecer á beira da lareira. O certo é que perderan todo, menos a educación das súas formas. Carlota recordou os paseos polo parque, as innúmeras fontes, as novidades dos arredores con Otilia pero na súa mente soamente estaba un pensamento; as noites nas que Eduardo atravesaba a porta do seu cuarto e silencioso dáballe un tímido bico de boas noites. Agachou a cabeza. Todos calaron. O Capitán, como se a inspiración da divinidade iluminara a súa mente, dixo “recordo aquela madrugada tan longa… todalas notites, nacera el, o noso fillo. Vai ser un bo herdeiro, seino!” e escachou en gargalladas que afogaron no cuarto. Eduardo levantouse da mesa. Parecía que O Capitán, a pesar do mal que devoraba a sua mente nunca poidera superar a infidelidade da sua muller con Eduardo, da que nacera ese neno, desexado polos catro. Otilia nerviosa recolleu a mesa mentres as lágrimas vivas de Carlota descendían como un río pola súa cara. Recordaron todos en silencio a tarde na que o seu fillo afogara, iniciando unha nova etapa nas súas vidas, catro camiños que se distanciaban cada vez máis, ainda que todos partiran da mesma plaza. O Capitán, Tras encarnarse na figura da ficticia paternidade, meses despois da morte do pequeno deu comezo a súa enfermidade. Carlota, vítima tamén da situación so seu marido, desdibuxou a silueta de Eduardo e do seu fillo, dedicándose somente ó coidado do Capitán tras renunciar á súa propia vida. Xa nada retornaría á pasada normalidade.
Otilia achegouse á terra, bicouna; era o lugar onde fora enterrado o neno. Subiu correndo ó su cuarto, arrimouse á varanda e … deixouse esvaer ó vacio, rememorando nun segundo a historia da súa vida, imaxes sucesivas a modo de película, ata que tocou o chan.
Eduardo, dende a biblioteca escoitou un forte tumbo, crendo que se trataba do movemento dos mobles ó limpar Otilia. Seguiu lendo o xornal dende o máis absoluto silencio.
Carlota, dende o coche, decidiu voltar ó pazo. O Capitán deixara esvaer moitos recordos que estiveran agachados durante moito tempo. Pero non foi capaz e tras xirar a roda do coche, voltou en dirección á súa casa metres o Capitán xogaba cunha moneca de trapo cantando;  “as nenas bonitas están en… están en…. mamá… onde estanban as nenas bonitas?” Carlota, co rostro empapado de bágoas respostou ” as nenas bonitas están na Quinta Velha”. Convencido o capitán continuou ” ai lalelo, ai lalalalelo… ai lalelo, ai lalala…..”
Todo cambiara.

Ó dia seguinte Xoan Torres, o panadeiro, encontrou o corpo de Otilia no chan, a carón da fonte onde acostumaba reunirse con Carlota. Carlota marchara a Suíza, tratando que O Capitán se encontrase máis comodo ata o día da despedida, ó caron da súa familia. Acerca de Eduardo non se soubo nada máis; somente que ese día a cama nin sequera se desfixera, e é que o certo …  é que todo cambiara.

                                                                          Uxía Cagiao Teijo

 

Relato dunha avoa Abril 1, 2008

Archivado en: 1, As nosas creacións — mulleresliteratas @ 11:25 am

        

  “Quentaba o sol na Quinta Velha do Arranhao e eu permanecía tumbada na fresca herba do xardín, arrodeada de floriñas amarelas como pequenas estrelas caídas dun ceo para decorar o verde intenso do chan. Pensaba no que pasara, cavilaba en todo o que me inspiraba Eduardo, o meu querido amor e nos terribles sucesos acontecidos na Quinta durante os últimos días. Permanecía melacólica, triste e sentía impotencia por non poder recuperar o meu Eduardo.

Verás filla, como sabes, sempre vivín na Raia entre Portugal e Galicia, se ben eu nacín en Mondoñedo. Despóis dunfa feliz adolescencia, sí, como a túa e o meu dezasete cumpreanos tiven que casar co avó, Eduardo, un coñecido e achegado á nosa familia, vinte anos maior que eu. Ó principio non quería, montei un terrible drama daquilo e escapei da casa dús veces, aínda que non fun quen de fuxir do meu destino, como tampouco fun quen de evitalo máis adiante. Pois ben, pasaron os anos e Eduardo e máis eu vivíamos na Quinta felices e cada vez máis enamorados. Queríamonos moito, había respecto, cariño, apoio…todo canto esperei nunha relación.

Compartíamos o fogar con outra parella, Carlota e O Capitán (alcumado así polo seu pasado), pois a Quinta era ben grande para dúas ou dez parellas máis. Gracias a isto, tíñamos máis compaña e conversación, pois ambolosdous eran moi agradables. Foron os anos máis felices da miña vida, non tiña que traballar e adicaba as mañás, as tardes e as noites o meu Eduardo e a min. Era xoven, fermosa, intelixente e cultivada en moitos aspectos, de aí a que Eduarto estivera tan contento conmigo, e eu con él, pois tiña características semellantes. Cando O Capitán e o meu esposo ían de caza, Carlota e máis eu compartíamos segredos, conversábamos sobre música, botánica ou xogabamos ó xadrez. Outras veces montabamos a cabalo ou dabamos longos paseos polo bosque, collendo amorodos e outros froitos que logo inxeríamos tiradas sobre un pano de liño blanco extendido sobre a herba. Carlota convertiuse pronto na miña mellor amiga, se ben nunca tiven moito contacto co seu marido, estabase a converter nun home frío, malhumorado e egocéntrico, segundo o que me contaba Carlota. Ademais, unha noite cando Eduardo e máis él volveron de caza, meu home afirmoume que tamén se decatara dese cambio a peor do Capitán.

A partires de ese momento comencei a indagar no asunto, pois eu sempre fun moi inqueda e cando algo non me cadraba ou me extranaba tiña que investigar ata descobrer o que pasara. Polas tardes ía tras del sixilosamente, escondéndome nos troncos dos acebedos e limoeiros que tíñamos por todo o xardín. Non actuaba de maneira diferente nin peculiar, pero semellaba pensativo e tristeiro, coa mirada un tanto perdida e camiñando sen sentido cara a algún lugar non concreto. Día a día seguía o mesmo camiño e sempre coa mesma expresión na faciana. O seguinte que tratei de observar foi o trato que tiña coa súa boa muller, Carlota. Polas noites escoitaba coa testa pegada a porta do seu dormitorio, mentres que mantiñan conversacións con toda normalidade e onde non era quen de ver esa frialdade e seriedade do Capitán, xa que actuaba como un home do máis ameno e entrañable, cariñoso e agarimoso con Carlota. Deixei un pouco o asunto apartado, pois o meu home cambiara o seu trato conmigo e iso asustábame moito máis que calquera parvada que lle acontecera ó Capitán ou a quen fora. Pensei que ó estar tan ocupada afondando no asunto, Eduardo molestárase. Tanto foi así que día a día chegaba moi tarde a casa e marchaba moi cedo, de maneira que a penas cruzábamos palabra ou o que para min era peor, nin unha soa mirada. O meu corpo estábase a debilitar, non me coidaba, non comía, e apenas podía durmir con todo isto. A miña pel púñase pálida e semellaba fráxil como unha boneca de porcelá vella que pode romper en calquera momento. Sentíame tan soa, pois tamén foi un duro golpe o afastamento que recibía por parte de Carlota, a miña querida amiga. Os meus seres máis queridos, as únicas persoas coas que mantiña contacto diario dábanme de lado sen apenas explicación ou motivos. O que fora unha vida de benestar e felicidade, cambiara radicalmente a unha época de sombras, soidade e amargura. Podía ver como a miña vida se consumía como se apagan as candeas, moi lentamente.

Chegou o meu día, a noite máis escura e fría do inverno, quizáis unha metáfora do que era a miña vida nese momento. O meu corazón deixou de later en soidade, como deixou por fin a miña alma de sufrir. 

Non sei como pero os ollos se me abriron e apareceron diante Eduardo, Carlota e o Capitán sentados no diván mirando para min.

-Xa está, xa está!-berraba Carlota.- Por fín espertaches Otiliña!

Non podía crer o que estaba a acontecer, tiña claro que eu estaba morta, non era posible. Carlota non paraba de fitar cariñosamente e iso facíame sentir ben, nembargantes, non comprendía nada do que pasara. Eduardo colleume no seu colo e comezou a susurrar fermosas palabras, do Capitán saían incomprensibles verbas: -Agora que xa estás entre nós, imos pasalo ben, xa todos nos comprendemos, non? Non era quen de expresarme, parecía que non tiña voz.

-E logo ti non ves que Otiliña non comprende o que pasou?

Carlota contabame detalladamente todo, e eu ía construíndo muro a muro un labirinto mental de inverosímis fantasías. Resulta que Carlota, o Capitán e o meu Eduardo, viaxaran anos antes de coñecerme a Londres, e alí montaran unha fábrica de perfumes co diñeiro herdado da venda da Quinta Velha do Arranhao. A fábrica “Edcarloca” tivera anos de douradas riquezas e gran renome público. Coa guerra, moitas fábricas de artigos de luxo foran ó pique porque ninguén tiña cartos para mercalos. Os tres decidiran volver á Raia porque semellaba que todavía non chegaran as miserias da guerra. Quixeron recomprar a Quinta, pero vendérana á nosa familia, ós meus pais, e xa estabamos ben establecidos nela como para marchar agora. Moi insistentes e desafiantes, estiveron anos detrás do meu pai para conseguir de novo a Quinta, mesmo enfrontándose con el. Contan que o meu avó, farto de todo isto e bo cazador, colleu a súa escopeta de saír ós cervos pola noite e buscou a Eduardo e ó Capitán e rematou coa súa vida diante de Carlota, quen faleceu de tristeza dispois. O que se dixo sobre o asunto foi que os tres emigraran de novo á Londres trala guerra para continuar cos negocios.

 Ó morrer meus pais e irmáns, eu herdei a Quinta e fun vivir cuns vellos amigos e con Eduardo, o meu esposo, co que me obrigaran a contraer matrimonio. Si, filla, é o que estás a pensar, Eduardo, Carlota e o Capitán eran espíritos danzantes pola Quinta que non pararon ata vingarse da miña familia. Non me quedou máis remedio que comprendelo todo, pois eles non eran malos e fixerono para liberarme dos meus pensamentos e poder entendelo todo. Despóis, os anos de ledicia volveron a min e a Quinta Vella do Arranhao permaneceu en pé durante moitos anos, iso si, nunca ninguén a mercou…(diso xa nos encargabamos nós).”

 -Ben meus pequenos, esa foi a historia tan fantástica que me contou a avoa Otilia nos seus últimos anos de vida, quizáis era un augurio do que lle ía acontecer, é posible que fose a expresión dos seus sentimentos feitos relato, puido ser tan só imaxinación, pero  quizáis agora o seu espírito ande pola Quinta, tan feliz como añoraba a protagonista da súa historia…

Ángela Alonso Moreno

 

Abril 1, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 11:18 am
Tags:

Oservacións sobre os misterios da Quinta Velha do Aranhao

Na raia xusta que separa Galicia e Portugal xacía a Quinta Velha do Arranhao, unha estrutura xa erosionada polo paso do tempo, que perdera todo o esplendor arquitectónico e sobre todo o sentimental. Porque alí acontecera unha triste historia xa hai un feixe de décadas que se perdeu no aire, pero que se trasloce no espírito da harmonía interna reinante da Quinta Velha.

Unha historia de amor unido á morte, de lárgrimas e alegrías.

En definitiva, unha trama que mesmo parece sacada da ficción.

-Avoa, ¿como chegaches a coñecer esta historia que me vas contar?

-Coido que hoxe non acabarei de contarche todo meu neno, coñézoa moi ben, non me preguntes por qué.

Sen dúbida a avoa do meniño de voz doce e ollos profundamente atentos, latexantes a unha historia misteriosa que estaba por coñecer, coñecía a historia. Cónstame que de boa tinta, porque quizais fora ela a protagonista ou ao menos así o intúo pola carta xa oxidada polo paso do tempo que estaba nunha caixa ben escondida na Quinta Velha, propiedade que comprei hai uns meses por un interese que me vén dado por unha historia que escoitei nunha vella taberna onde estaba o fillo de este neto de voz doce e ollos profundamente atentos, latexantes falando co taberneiro da historia que o seu pai tiña escoitado dos beizos da probable protagonista, a súa avoa Otilia. Obviamente, inda non sei moitas cousas que estou a indagar agora que a quinta é miña.

-¿E logo por qué non che hei preguntar?

-Filliño ti limítate a atender a historia que xa vas ter de abondo, a historia aprendinlla a alguén e xa está…

-Que interesante, conta avoa, conta.

Pois ben, estando una moza bela, de cabelos louros, tez pálida e…

-¿Era bonita avoa?

-Coido que si meu neno, era xoven, que xa é moito, e tiña a vida por diante. Pero non me interrumpas, prosigo. A moza era filla dun nobre portugués, a nai era galega e cumpría casala pronto con alguén de diñeiro, por aquilo de compaxinar o status cos cartos e obter a mestura perfecta.

-Logo,¿a xente non casaba por amor?

-Cala home, a xente tiña que casar con quen lle conviña.

-Pois iso é unha merda.

-¡Eduardo!

-Vale, xa calo.

-A xente tiña que casar, e a moza non se podía negar.

-Eso, o dis ti…

-É certo, Eduardo. A moza tiña que casar e casou, non me quedaba máis remedio

-¿Non te…,a ti,avóa?

-Ti oes mal, non lle quedaba outro remedio, a ela, a moza, paspán!

-Ah…

-Ela estaba ben apenada, porque sempre estivera namorada dun mozo que coñecía da infancia, cando sempre xogaban ao escondite no xardín da velha cos seus curmáns. O amor era correspondido, pero ao tempo que apareceu Xan, as cousas cambiaron.

-¿Xan?

-Sí, Xan o burgués axeitado como mozo en canto a que tiña diñeiro que a familia desta fermosa moza tiña encontrado para ela. Entón, ela comunicoulle ao seu amor de toda a vida, amor humilde e puro, que tiña que casar con Xan. Sabíase que isto ía pasar pero…o amor puido sempre sobre toda esta historia de conveniencia e nunca se quixeron separar a pesar da frustración latente que tarde ou cedo ía acontecer.

-¿E que pasou despois? ¿a moza fuxiu?

-Non, home, que ía fuxir. Dígoche que os tempos eran distintos, unha moza non se podía negar a suxerencias dos seus pais de casar.

-Entón, o capitao…

-¿Quen?

-O verdadeiro amor de Otilia…, esta moza que che digo

-Ahhh

-Entrou na desesperación, non durmía e rematou por non comer, a súa faciana volveuse pálida e tísica, o corpo sen forzas, os delirios apoderaronse del.

-¿E Otilia non o cuidou?

-Otilia non puido saír da casa antes de casar, o pai impediullo e ela non tiña conta de que o Capitao estaba morrendo, pero tivo un presentimento. El xa lle tiña dito que o día que non fose dela morrería, non o podería aturar. Un día Otilia ergueuse, abriu a fiestra e sentiu que algo tiña cambiado. Era o día da súa voda, ela estaba triste e sentiu unha sensación forte que a apreixaba no peito.

-¿Avoa, sentiu que o Capitao morrera?

Si, dalgunha maneira sabía que o día en que ela xa fora señora formal do adiñeirado Eduardo algo malo pasaría. En efecto, O capitao finou no seu leito. Din que nos seus últimos días só saiu dos seus beizos unha palabra: Otilia

-Pois vaia con Otilia, que o deixou por outro

-As cousas non son así meu fillo

- Eu amábao profundamente pero…

-¿Ti, avoa?-dixo o neno de ollos negros, abertos, latexantes e voz nacida da dozura-.

-Eu, eu non…Otilia, home.

-Ahhh, ¿ e logo que pasou?

-Otilia seguiu ca súa vida cunha motivación: o fillo que tivo, o cal gardaba un gran parecido co Capitao, eses cabelos loiros case dourados, beizos carnosos, mirada inconfundible… o que suscitou moitas dúbidas acerca da paternidade do neno

-¿O neno era fillo do Capitao?

-Si, pero Otilia fixo todo o posible para evitar que se soubera porque do contrario o neno sería morto…

-¿Non se soubo?

-Non, meu filliño, grazas a Deus               

Non sei moito máis desta conversa editada nos versos do fillo deste neno de ollos negros, latexantes e mriada atenta, só sei que seguirei indagando nesta Quinta vella do Arranhao que agora é miña, na que sen dúbida unha bonita historia tivo acotecido, e da que espero atopar ademais dunha carta que atopei que deixa caer que a protagonista de esta historia non foi “Otilia” senón a avoa deste neno, outras cartas que ratifiquen a historia.

Polo demáis, cónstame que “Otilia” morreu xa de vella, perfectamente de saúde física pero ca pena roéndolle nas entrañas. Non sei máis, só sei que Otilia sempre amou ao Capitao e sen dúbida el a ela. Se Otilia foi a avoa dese neno, consta que sí ? Ou quizais todo é obra do meu maxín.

Lucía A.A

 

Amores truncados Abril 1, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 11:11 am

Amencía un novo día polas fiestras do comedor do pazo.
Mariela estaba sentada nunha silla. Botara toda a noite sen durmir, cavilando que era o que estaba a pasar na súa familia.
Desde que a súa curmá Rosa chegara ó pazo, Ramón, o seu marido, xa non era o mesmo.


Ela sabía que a chegada de Rosa non fora moi ben tomada por el, pero semellaba que finalmente o aceptara, por iso non sabía a que se debía esa actitude tan agresiva que ultimamente tiña con ela.
Ramón deixara de durmir con ela, cambiara a súa hora de xantar para non coincidir xuntos, e desde a chegada da hóspede non tivera ningunha forma cariñosa para con ela.
Mariela levantouse e mirou o amencer. As raiolas debuxaban a súa silueta na alfombra persa do comedor.
¿Que era o que estaba a pasar? Non o podía comprender, pero parecía que era a única, pois toda a xente do pazo mirábaa con cara de pena.
Con bágoas nos ollos subiu as escaleiras cara o seu dormitorio; ese día non baixaría almorzar, nin comer… non sairía de alí ata que alguén lle explicase o que pasaba.
Debía ser sobre a unha cando Xosefa petou e entrou no cuarto antes de que Mariela poidese dicir nada.
Xosefa levaba no pazo máis de vinte anos; fora a muller de confianza da nai de Mariela, e encargárase da súa educación.
Abrindo as ventás, acabando así coa escuridade que envolvía a habitación, empezou a cantar. Sabía que desde nena, cando á señora lle pasaba algo, non quería que ninguén tivese compaixón dela.
-¿Que está a pasar Xosefa? ¿Que me estades a ocultar entre todos? Preciso sabelo, non podo seguir así.
Xosefa, facendo caso omiso das palabras de Mariela, abriu a porta, pero antes dixo nun susurro unhas palabras que a súa dona non entendeu.
“non todo o que se ve é verdade, e o que semella branco pode chegar a ser negro”
Mariela pechou os ollos; a cabeza ía estouparlle, non podía máis.
Botou todo o día pechada nese cuarto que a traía por un camiño de amargura.
Á tardiña, Rosa subiu a visitar a súa curmá. Ó contrario que Mariela, eses días semellaba unha flor radiante; estaba alegre, radiante, e fermosa.
A anfitriona asomou a cabeza entre as sabas, mirando quen entrara, coa pequena esperanza de que fose Ramón.
Pero non, non era o seu marido o que entrara na habitación. Rosa sentou na cama a carón da sú curmá. Descubrindo o seu rostro de entre a sabas, mirouna co sorriso que amosaban os seu beizos.- Tes que levantarte, fai moi bo día para que estés aquí metida. Ninguén sabe o que che pasa, pero se precisas que chamemos ó medico…-¿Que pensas que estou tola? Non preciso médico algún, o único que quero e que me expliquedes que está a pasar; ti sábelo e non marcharás de aquí sen mo contar.A face de Rosa tornou sombría. A súa mirada parecía tristeira, pero aínda así era visible nela un brillo especial de felicidade. Rosa ergueuse disposta a abrir a porta. Dun salto, Mariela desprendeuse da roupa da cama e interpúxose no seu camiño. -Repítoche que non marcharás de aquí sen dicirme o que ocultades. ¿Que lle pasa a Ramón? ¡¡Dimo, dimo!!- Mariela, déixame saír; tan só quería saber se estabas ben e ti trátasme así… realmente penso que si estás tola. Sóltame e déixame marchar. Desde ese día Rosa e Mariela non se volveron falar. Agora a mulleriña do pazo estaba soa.

 

Aínda tiveron que pasar varios días para que a señoriña saíara do seu cuarto. Vestida cos seus mellores vestidos, saiu daquel cárcere de amargura para recuperar o seu marido.

Debían ser sobre as doce e a noitiña xa caera. Fóra, a escuridade gobernaba en todas partes, e a lúa iluminaba os xardíns do pazo.

Mariela baixou as escaleiras caladiña, para non espertar a ninguén. De súpeto escoitu algo. Semellaba o susurro de dúas persoas. A voz viña do salón que extrañamente tiña as portas pechadas.

A dona do pazo recoñeceu de seguida a ronca voz do seu home. ¿Con quen estaría a falar a esas horas?

Foise achegando ó lugar, pero as ansias por recuperar a Ramón poideron con ela. Correndo foi onde a gran porta de madeira e abriuna cun sorriso nos beizos que deixaba adiviñar o amor que a posuía.

Ante os seus ollos unha imaxe cruel e dolorosa que se lle clavou no peito como un coitelo.

Ramón sostiña a Rosa entre os seus barzos e bicábaa con paixón.

Sen poder dicir nada, os tres presentes quedaron abraiados. A cariña de Mariela, murcha, estaba chea de bágoas; Ramón, branco como se vise unha pantasma, aínda sostiña a Rosa; e esta, cun sorriso un tanto perverso, miraba cara o chan.

Logo duns minutos que semellaron séculos, Mariela comezou a berrar.

-Fóra de aquí, os dous. Xa buscaredes onde pasar a noite, e onde vivir. Non vos quero volver ver xamais!

A parella abandoou o pazo coa cabeza baixa, e ó saír cada un tomou o seu camiño. Remataban así dúas historias de amor, truncadas polas falsidades de amor e agarimo dun home mentireiro.

Tres semanas despois, Mariela, logo de botar a todos ós seus criados, abriu a ventá do seu cuarto.

Días máis tarde, un recadeiro que pasaba por alí, atopou o corpo sen vida de Mariela.

Contan as lendas, que cada noite de lúa chea, o espírito de Mariela ronda polo pazo en busca de xustiza polo amor perdido.

GORETTI FRAGA BARCIA

 

O Crepúsculo e as Formigas. Marzo 7, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 9:07 am

O crepúsculo e as formigas (1961),  é a segunda colección de relatos de X.L Méndez Ferrín. Caracterízase pola creación dun ambiente de terror, onde as persoas camiñan coma formigas en fila, movidas por forzas cegas que impoñente un tráxico destino. A brevedade e densidade dos relatos está apoiada polas recorrencias do discurso, que incorpora variados procedementos técnicos: o emprego da estructura epistolar, do monólogo interior, da ruptura temporal, da técnica cinematográfica… O enfoque neboento, difuminado, vertebra as historias deste libro, tal como o propio autor declara ao comezo:

“O alento da miña boca vai embazando progresivamente cristal que se interpón entre os homes e a miña ollada.

Eu non limpo o cristal, non abro a fiestra.

Deixo, lector, que ese bafo inapalpábel desfigure a miña imaxe dos tebregosos homes da vila, no crepúsculo, que mesmamente enchen a túa esterita e prolongada coma se foran unha columna de formigas en marcha”

Un dos seus relatos é :                               

                                    A CABEZA FENDIDA                                     

 Gustavo tiña que dar aviso. Supuña que o que se facía neses casos era dar aviso. Baixoulle a roupa a Mari, pois na caída subíranselle as faldas e quedáranlle á vista as pernas douradas do sol. Despóis, correndo lixeiro, púxose na carretera e acendeu a vespa. Saíu liscando pola lisa estrada de piche, abríndolle máis e máis ó acelerador coa man tremente. Tiña que dar aviso. Á dereita había un merendeiro. Dende alí chamaría por teléfono.

Non sabía ben Gustavo Comesaña, a quen ía chamar. Pero tiña que dar aviso.

Deixou a vespa na porta. Entrou. Había moita senté que viña da praia e comía e bebía. No medio bailaban unhas cantas parellas.

-Non lle temos teléfono.

Se a Gustavo lle deran un pau non o deixarían tan apalambrado como quedou. “Non lle temos teléfono”.E non soubo que facer. Pensou: “A ver que é o que fago eu agora. Aquí non hai teléfono. Vaia complicación. ¿E se llo digo a ese homiño gordecho? Debe ser o dono. A estes xudeus só lles importa o choio. Qué complicacións. Pero non teño máis remedio. Voullo dicir”. Ergueu a voz e chamou ó tal individuo:

-¡Oia!

Veu bulindo por tras do mostrador.

-Coñá, ¿non é?

Non. Non foi home, tivo medo. Era estúpido entrar nun bar e manifestarlle ó dono que a rapaza que sae con un está alí, a medio quilómetro, coa caluga desfondada. Asentiu:

-Si. Coñá con sifón.

X.L. Méndez Ferrín(O crepúsculo e as formigas)

Vanessa Gómez

 

A cidade de caramelo. Marzo 6, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 10:01 am

  Sempre quixen estar nunha  cidade de nata  e caramelo.

 Onde pola noite,as estrelas son de cores,e xogan entre elas,

as persoas non berran , senon que escoitan, aman  e  queren.

Pero  non apresures á viaxe , pois  esta moi durareira  será .

  Asubían as  fermosas frores de nata  e  caramelo,

na praia vense as pisadas,o vento baila coa area,

os nenos metidos na auga que fermoso é ver como xogan! 

A cidade dos soños é esta,onde todo e posible,

viende pequenos, vinde, o teu destino está nela.  

Pola noite as ruas son escuras,e de nata e caramelo,

e sempre que te perdes,tes que chamar á lúa,ela guiarate,

 coñece toda a cidade,e faraslle compaña porque soiña pasa todas as noites.

A viaxe rematou, pero nas nosas memorias estará por sempre xamáis. 

E polas noites sigo vendo a lúa desde a miña ventá de nata e caramelo.

 . Vanessa Gómez Vázquez

 

Anoitecen as cartas para enviar. Febrero 19, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 12:12 pm

Anoitecen as cartas para enviar…
e en cada pestanexo unha imaxe dos nosos días
que brota coma a tinta da ferida.

E hoxe,
unha noite máis
non sei onde descansa o teu corpo
nin cal é a túa dirección:
e anoitecen as cartas para enviar…

Pola ventá nai lúa brilla
e parece que me arroupa cun sorriso
e que as estrelas de franela me agariman.

Pero é lúa minguante,
como minguante é o noso amor
e pálida…
como a miña dor

Anoitecen as cartas para enviar,
pero quizáis mañán saia o sol…

Ángela Alonso Moreno

-Para a creación deste poema inspiréime nun verso de Álvaro Torneiro “anoitecen as cartas para enviar” porque expresa brevemente un sentimento de impotencia frente a algún problema. O poema trata sobre ese sentimento, frente a unhas cartas que a protagonista non é capaz de enviar.-

 

Silencios de cristal Febrero 19, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 12:11 pm

Coñecen os silencios de cristal
os teus beizos húmidos
que enchen os recunchos
das noites máis escuras
que iluminas coas túa mirada,
farois que sigo a tentas, e..

De novo esa brisa
que nos envolve e,
sen querelo deixamos o mundo
tan só un intre. e…

Sen pensalo construímos
un lugar de estrelas brillantes
como endexamais se coñeceron
que se esvaen como bágoas rotas e…

Mentres que a esfera celeste
continúa a bailar a súa danza inmortal,
Bicos de neve recórdannos que seguimos aquí e…

Finalmente, aprobando ás fontes dos desexos
apareces TI,
que coñeces os silencios de cristal,
e…
quen sabe se algunha vez volverán?

Goretti Fraga Barcia

Partindo do primeiro verso, dado dun poema de A. Torneiro,nace este poema. Espero que vos guste.

 

Agardando polo tempo Febrero 19, 2008

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 11:48 am

Innúmeras as mañáns do verán,

aínda agarda a Ítaca de Kavafis

o retorno do seu defensor

armado de verbas improvistas

As flores molladas

agardan inquedas o regreso

pero agora chegou a decisiva entrada

no mundo inesquecibel dos soños

O camiño de pedras espera

a que o mañá floreza

dubidoso do anoitecer

que atemoriza o pensamento

  

E chegou o día,

                        chegou a hora

  

As tebras no insomnio agardan

a chegada do clavel dourado

que dende ó lonxe presinte

o cumplimento da lenda do bardo

Descubrir os pinos e as negras sombras

bicarse e rexurdir,

dando á luz un universo Branco

itinerante do sentimento

Xa non quero rosas vermellas,

xa non quero fieitos murchos,

descubrir o vento é o que Quero

ver o sol e a lúa abrazados

  

E chegou o día,

chegou a hora

 

Cando o aire afunda as ilusións

e a auga devaste os sentimentos

o salvamento do retorno

tornarase no anhelado desexo

unha nena ferida

quixo xogar coas rosas,

esquecendose que ás veces

o máis deslumbrante tamén ten espiñas

Agora emprende soiozante

A nova carreteira da vida

Nena, no é tarde,

Nunca os máis vellos se rinden

   

E chegou o día,

                        Chegou a hora

   

Cansaronse as ondas de voar no mar

Fuxiu o aire do seu fio perfumadazo

Cando neutros tempos a lúa

xogaba a agocharse no amencer máis profundo

Verás os soños, miña nena

Oirás ó sol espertarte asubiando aquela cantiga,

Ainda que as espiñas doian,

Ulir a rosa será o teu recordo

   

E chegou o dia,

                        Xa é a hora

                                                                                             Uxía Cagiao Teijo

 

Fóra do mundo un intre. Diciembre 14, 2007

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 9:21 am

Fóra do mundo un intre
mentres que se balancea.

Fóra do mundo un intre
sentada na praia da lúa,
observa bostezar ó amencer.

Fóra do mundo un intre
e as bágoas de purpurina
esbaran polas salgadas meixelas.

Fóra do mundo un intre,
e co rostro embadurnado
de anhelos e soños.

Fóra do mundo un intre,
imaxina que pasea pola vida:
e na man outra e no corazón outro.

Fóra do mundo un intre,
caen as pingas ó vacío,
sen que a ninguén salpiquen.

Fóra do mundo un intre,
e volta a xirar,
e de novo dentro,
dentro do mundo un intre,mentres que as estrelas se paran.

Ángela Alonso Moreno

 

Esta creación está inspirada nun poema de Manuel Álvarez Torneiro do seu poemario Campo segado que podedes atopar na sección poesía do blog. Para levalos a cabo cada unha de nós collemos o verso que máis nos gustou do seu poema, neste caso “fóra do mundo un intre”

 

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO. Diciembre 14, 2007

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 9:08 am

A partir do poema de Manuel Álvarez Torneiro, realizamos toda unha serie de poemas, partindo cada unha dun dos seus versos.
Aínda que non somos quen de chegar á altura deste gran escritor, esperamos que vos gusten.

 

·Pasa O tren da tristeza· Diciembre 14, 2007

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 9:00 am

Choran as meixelas,
cando non,

rin os ollos.

Cantan os oídos,
cando non,

oen os labios.

Pasa o tren da felicidade
cando non,

o da tristeza.

                    Vanessa Gómez V.

 

Ámanse os amantes baixo os limóns máis verdes Diciembre 14, 2007

Archivado en: As nosas creacións — mulleresliteratas @ 8:58 am
Ámanse os amantes baixo os limóns máis verdes,
baixo miradas atentas de luceiros celestes,
sobre campos de néboas profundas e douradas,
camiños de bágoas entre os vellos amantes
que incitan a rir, con ollos de lúa.
Terras marchitas que presionan o sono,
tentando pensar con berros afogados.
Bicos de crema que enchen  a noite,
baixo lumeiradas ferintes de coitelos sangrantes…
Así, vai pasando o manto escuro,
para dar a luz á rubia Aurora da Alba.
                                               Goretti Fraga Barcia.