
Remedios Varo gastou unha morea de cartos.
Fíxose unha ludópata intencionada, adicta ó xogo freudiano da psicoanálise.
Cada tarde ás 19:47 (nin minuto arriba, nin minuto abaixo) agarraba a corda da campaíña violeta situada máis alta do normal. E agardaba mirando aquela porta vermella e todo o que ela supoñía…
Os ¨bos días teña vostede mentres que a viaxe sexa breve¨ que precedían ao hipnotismo:
¨Que importa se perdemos
o conflicto das horas
os traballos e os días
ou as flores do mal
agora non hai tempo
nin espazos absolutos
nin partículas sólidas de índole
elemental¨.
Gustáballe tanto estar deitada naquel diván de orixe oriental namentres Luz Pozo espía a súa mente…
¨nin partículas sólidas de índole elemental¨.
Ó saír da terapia sentíase un ente irreal que vía como caía Pozo abaixo a cabeza da autoridade que xa non existía.
Sublime liberdade pictórica, mental, irreal (case sempre).
elenaveiga