
O ventre da memoria díxome que todo foi coma unha ensoñación efémera.
O ventre da memoria díxome que todo foi un pinchacarneiro, cambadela, capitón, pirueta, viravolta… xogo de sinónimos que pronuncio a modo de imaxe de Diane Arbus.
O ventre da memoria di que os pinchacarneiros morren unha vez que rematan. Unha vez que pasaches o traballo de axeonllarte, de chantar a cabeza na herba, de impulsar o cu, o pinchacarneiro morre.
Pois eu difiro: NON, OS PINCHACARNEIROS NON MORREN!
Para min endexamais morrerá ese tempo do pinchacarneiro.
Tempo no que vexo imaxes sensuais que me brinda Bouza-Brey, delirios deliciosos manuelantonianos, alegrías tristes de Castelao, formigas embafadas que mata Ferrín.
Tempo no que vexo imaxes melosas que brotan no meu maxín ó ser regadas pola mellor xardineira que endexamais coñecín.
Morrer?que ha morrer!
O tempo do pinchacarneiro será un punto brillante e inmortal do meu ser, mulleresliteratas inmortais.
elenaveiga