
Neruda foi para el o encargado de destetalo e mostrarlle un novo camiño que o levaría a deixar o leite proteínico do mundo real e imbuirse do viño místico-poético.
Ás veces pasábase coas beberaxes non terrenais e creaba poemas que nada tiñan que ver cos esbozos en prosa, cos esquemas do posterior parto literario… pasáballe sempre, iso di el.
Mais, o seu don fai que eses poemas non buscados fagan memoria de algo que nunca dixo e fique abraiado cando corrixe o verso ¨porque sabes como é o centeo por dentro¨.
Crese rigorosamente humano, pero sinto dicir que non…
Álvarez Torneiro é o habitante único de todo o campo segado, o exemplar.
elenaveiga
Se xa nos parecía interesante Álvarez Torneiro logo de lelo, co teu comentario creas un misterio que desexamos desvelar léndoo.
:)
noraboa elena