Celso Emilio Ferreiro ten unha gran habilidade para escribir o acontecido no seu tempo, a dor de Galicia durante a Guerra Civil, despois desta, etc. por isto a súa poesía é socialrealista. Un modo de ver a visión da nosa terra naqueles anos, desde unha perspectiva tan irónica que ata feren a súas verbas, por esta razón Celso Emilio sempre estará presente na nosa literatura.
MUIÑEIRA REBELDE
Baila, Galicia, baila
Ailalelo, ailalalo…
E Galicia bailou
durante centos de anos
un baile sometido
ao son que lle tocaban
as gaitas dormideiras
i os pandeiros sonámbulos.
Mais istes tempos tristes
son tempos xa pasados.
Xa rematou a festa
agora non bailamos,
nin o ailalalelo,
nin o ailalalalo,
que bailamos a danza
dos libres homes bravos:
testa erguida, voz rexa,
duro andar, firme paso,
camiño do futuro,
brazo, con brazo,
todos xuntos,
cantando.
Un exemplo da súa poesía, na que se reflicte a situación de Galicia, que esperemos que non se volva a repetir, que agora as muiñeiras bailanse, pero se bailan por gusto, por tradición, por amor a Galicia, o amor a Galicia como o que sinten estes homes ao defendela.
dende logo que si que mudou moito a situación…
agora… bailamos a muiñeira para sentirnos máis preto de Galicia, do que foi, do que puido ser, do que quizais será… antes, bailabase sin outro remedio, tentando de perserbar o pouco que lle quedaba á nosa terra de seu.
Encántame!!:D
[Leticia]