MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
“Monólogo dun vello traballador” é un poema de Celso Emilio Ferreiro, do seu libro Longa noite de pedra. Toda a súa obra está inscrita no socialrealimo ou crítica social. Este é un poema social comprometido que fala dun vello traballador que critica o amo, e isto pode interpretarse como que o amo ven representado pola ditadura e o vello traballador son todos os oprimidos por ela.
Raquel
Escolliches un dos poemas máis sentidos!
Gústame moito!
elena
canta verdade hai nese poema, pena que non se escribiran antes estes versos, porque as cousas terían cambiado antes
boa escolla
Antía A.V.
Gustame este poema poi reflicte moi ben a situación do labrego. Escollistes un dos poemas máis representativo da escrita de Celso Emilio.
Sara