O blog das mulleres literatas

“Le temps s´en va!”

longa noite de pedra Abril 23, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 6:44 pm

maleta-de-arena

É unha maleta vella que conserva a pátina brillante producida pola auga salgada das ondas do océano. Perdeu a asa aló por Venezuela e quedou aberta de par en par… onde todas as xentes podían vela e lela.
Tres camisas e un pantalón de xénero.
Tres camisas, un pantalón de xénero e a xenreira…
A xenreira dun home, un literato de grande tamaño que tentou que os seus compañeiros de patria fuxisen dos repelentes pequeniños, ananiños… a modo de S.O.S. mental…

A xeito de S.O.S.
falo na madrugada:
Pechái tódalas portas
e que ninguén saia.
Si o noso pobo morre
quedámonos sin patria,
pois patria e pobo son
o mesmo en dúas palabras.
Pechái tódalas portas
e que xa ninguén saia.

Sen embargo, saír saíron o mesmo, pero co peso dun pelouro nas faldriqueiras das mulleres, nos petos dos homes e… na grande maleta da emigración!

Un pelouro que non saía do seu pensamento nin de día, nin de noite…

Foron moitos días de pedra…

E unha LONGA NOITE DE PEDRA!

 

elenaveiga

 

3 Responses to “longa noite de pedra”

  1. mulleresliteratas Says:

    Moi acertada a foto , xa que con vela podemos imaxinarnos a dureza do poema .
    vanesa e.

  2. mulleresliteratas Says:

    eleniña, sempre consegues atinar nas túas entradas. Tes razón, saír saíron, pero sen esquecer o que deixaban atrás, e esa concencia é a que axuda a non se converter nun “anano”.

    Antía A.V. :)

  3. mulleresliteratas Says:

    Moi adecuada a foto e tamén o comentario. Expresas utilizando os argumentos do poema na túa composición.
    Gustóume moito!

    Raquel


Leave a Reply