O blog das mulleres literatas

“Le temps s´en va!”

Digo Viet Nam e basta Abril 23, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 11:18 am

Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada.
Digo ianqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca.
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.

Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soa palabra.

Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.

Con esta pequena mostra da poesía de Celso Emilio Ferreiro podemos entender o obxectivo da súa obra: levar aos lectores unha mensaxe de loita, de gusto pola inconformidade, de odio e repulsión ante as inxustizas e agresións dun Estado a outro. Pero como vemos este afán de escribir poesía social non supón o descoido da forma do poema. Aínda que sen tratalo como nun poema clásico, emprega numerosos recursos que conseguen recordarnos que o que lemos é poesía e non un folleto propagandístico. Aquí é onde reside a maxia de Celso Emilio, na súa capacidade de criticar e satirizar a realidade social do momento sen esquecer o fundamento da lírica.
Pero o máis importante é que a súa poesía fai que abras os ollos ante a realidade, para que non te deixe indiferente, para que a coñezas porque “a ignorancia obra monstros”.

 

3 Responses to “Digo Viet Nam e basta”

  1. mulleresliteratas Says:

    Son Antía A.V., perdón por me esquecer. :)

  2. mulleresliteratas Says:

    Grande Celso Emilio!!

    É incrible como foi quen de loitar sen que a súa poesía semelle un folleto propagandístico, como ti ben dis.

    Gustoume como o expresaches, eres moito! :)

    elena

  3. mulleresliteratas Says:

    Todos pensamos o mesmo sobre Celso Emilio.
    Moi ben as túas impresións sobre o poema!

    Raquel


Leave a Reply