O blog das mulleres literatas

“Le temps s´en va!”

Marzo 30, 2009

Archivado en: 1 — mulleresliteratas @ 6:12 pm

saxofonista

 

Cunqueiro mirouse ó espello…le temps s´en va… o seu reflexo era cada vez máis borroso… le temps s´en va…

O tempo era aquilo. O tempo pasou polo espello de Cunqueiro ata que o que se reflectía era nada máis que un recordo. Pasara alí plantado tanto tempo agardando a que  aquelas damas de tempos pasados  lle deran un bico… ai, pasoulle o sol pola porta e non puxo as gafas de sol… Non ocultou os seus ollos e todos sabemos que finou chorando, a berro pelado, na súa soidade.

 

A Ferrín estoupáronlle os miolos… non aturaba máis aqueles panfletos… Mais, a bomba do seu pensamento cheiraba a flores…

Beat-beat-beat-beat: a bomba antes de estoupar.

Clube nocturno norteamericano. Actuación estelar dun saxofonista que laia a consciencia da morte co seu instrumento enferruxado a ritmo de jazz…

BEM!BO! estoupou!

Estoupou e cheiraba a pólvora e a magnolias!

elenaveiga

 

One Response to “”

  1. Xurxo Borrazás Says:

    Encantado de ver mozas interesadas nas vangardas.
    Como Manuel Antonio. Sempre Máis Alá.
    Unha aperta


Leave a Reply