A J.M. de la Fuente Bermúdez
Meu navío leva ao vento
no mastro eterno da noite
o treu do meu pensamento.
Leda vai a nao
na proa unha frol
a rosa albariña
do meu corazón.
Amiguiña, crara estrela,
dáme a aguillada de un bico
para apurrar a gamela
Leda vai a nao
na proa unha frol
a rosa albariña
do meu corazón
Por navegar ao desvío
varei a miña chalana
no teu corazón-baijío
Leda vai a nao
na proa unha frol
a rosa albariña
do meu corazón
Os agros van de ruada.
Vinde ruar pol-as ondas
levarés a herba mollada.
Leda vai a nao
na proa unha frol
a rosa albariña
do meu corazón.
O faro de Corrubedo
co seu ollo largasío,
ai amor, púxome medo.
Leda vai a nao
na proa unha frol
a rosa albariña
do meu corazón.
Deitóuse o mar, foise o vento,
no mastro da noite albean
os liños do pensamento.
Leda vai a nao
na proa unha frol
é granada a rosa
do meu corazón.
F. BOUZA-BREY (Nao senlleira)
Parece mentira que este poema teña algún sentido.
Nós xa o sabemos pero a ver quen o acerta…
Lucía
“Triadas no mar e na noite”, un poema que non se logra descifrar con facilidade, e que, tras descubrir o que agocha e a elegancia coa que retracta a temática que nel se plasma sae á luz a gran capacidade literaria deste autor, Fermín Bouza Brey.
Uxía Cagiao Teijo