O blog das mulleres literatas

“Le temps s´en va!”

RONDEAU DAS SEÑORAS DONAS PINTADAS NO AUSO DO SOL VILAR, NO SÉCULO XIV, CHEIRANDO UNHA FROL Diciembre 13, 2007

Archivado en: Poesía — mulleresliteratas @ 10:28 am
LE VERSE
Ese vento de seda é o tempo que pasa.
Soñades a dóce primavera de antano
nesa frol que refrexa o seu van no negro pozo dos vosos ollos?
Le temps s´en va!
Esas volvoretas que abanan a raiola do sol
son as súas tocas cobixando as pálidas frontes.
Soñaredes aínda no ouso do Vilar os soñares do tempo pasado?
Le temps s´en va!
Ese enorme silencio cristaíño e dourado!
Se vós agora falares, miñas donas amigas,
a vosa voz enchería, coma unha fonte de auga, o vaso do
/silencio?
Le temps s´en va!
Ei, donas do Vilar! Erguede os finos rostros e sorride,
que andan galáns de corte con soedades de vós!
Agás que prefirades velos morrer de amor.
Le temps s´en va.
Le temps s´en va.
mes dames!
L´ENVOI
De tódolos amores o voso amor escollo:
Miñas donas Giocondas, en vós ollo
tódalas damas que foron no país, unhas brancas camelias, outras frores de lis.
Le temps s´en va! Ou dádesme ese bico
que cheira a rosas de abril do Mil e Pico
ou finarei chorando na miña soedá,
namentras envellezo: Le temps, le temps s´en va!
 
Álvaro Cunqueiro
 

2 Responses to “RONDEAU DAS SEÑORAS DONAS PINTADAS NO AUSO DO SOL VILAR, NO SÉCULO XIV, CHEIRANDO UNHA FROL”

  1. mulleresliteratas Says:

    “Le temp s´en va!” que bonito é.
    Xunto co de Álvaro Torneiro foi o que máis me gustou ata agora. Agora teño que compoñer o noso poema.

    Lucía.

  2. mulleresliteratas Says:

    Precioso poema. Ogallá nós sexamos quen algún día de facer algo semellante.

    Goretti


Leave a Reply